CRTVG

Buscar

Unhas 200 persoas participan na Coruña no reto #30DíasEnBici

Publicado o 06/04/2021 21:08

Os participantes no desafío #30DíasEnBici comprométense a empregar a bicicleta a diario durante todo o mes de abril nos seus desprazamentos pola cidade

Yosune, Daniel e María comparten a súa paixón pola bicicleta. Para eles é algo máis que un medio de transporte. Forma parte do seu modo de vida.

Os tres apuntáronse este ano a participar no reto 30 días en bici.

Unhas 200 persoas sumáronse na Coruña ao reto 30 días en bici apostando neste mes de abril por unha mobilidade máis activa, saudable e sustentable.

Noticias web

06/04/2021