Unha xuíza paraliza durante 72 horas a repatriación de menores a Marrocos
Unha xuíza de Ceuta paralizou cautelarmente a repratriación de menores estranxeiros non acompañados que está a efectuar o Goberno.
Cinco rapaces que ían ser devoltos a Marrocos volveron ao polideportivo ceutí en que están despois de solicitar o habeas corpus para evitar a repatriación.
A xuíza rexeitou aplicar esa figura xurídica, porque non se trata de persoas detidas, pero si acordou parar 72 horas as repatriacións dos menores.
A decisión estivo precedida dunha orde do Xulgado Contencioso-Administrativo que tamén paralizou o traslado doutros nove menores marroquís ao seu país.
Mentres, distintas asociacións que defenden os dereitos dos inmigrantes, seguen a advertir de que as devolucións de entre 45 e 60 nenos realizadas desde o día 13 son ilegais.