CRTVG

Buscar

Unha xornalista deportiva de Vilagarcía denuncia vexacións sexistas a través das redes sociais

Publicado o 05/05/2021 14:41

Erea Hierro é unha moza xornalista deportiva de Vilagarcía. É unha apaixonada do deporte e do seu traballo a pé de campo pero hai uns días tivo que facer fronte a unha situación desagradable polo simple feito de ser muller e traballar no mundo deportivo. Sufriu un episodio machista a través das redes sociais. Un perfil anónimo, que dende hai tempo a vén acosando, dirixiulle todo tipo de vexacións sexistas. Descoñece quen pode estar detrás da conta pero tras anos de insultos, decidiu facelo público e emprender accións legais. 

Tras denuncialo publicamente, as mostras de apoio non deixaron de chegar por parte de diferentes colectivos, tanto do mundo do deporte, da profesión e de usuarios das redes. Di que está moi agradecida e satisfeita e que isto non só o fai por ela, senón por todas as mulleres que non teñen voz para contar situacións como esta. Esta denundia pública parece que xurdiu efecto porque a conta xa desapareceu das redes.