Unha vintena feridos nun accidente en Barcelona entre dous autobuses e unha moto
Publicado o 20/06/2019 12:25
Unha vintena de persoas quedaron feridas leves nunha colisión na praza de España de Barcelona na que se viron implicados dous autobuses da rede de transporte urbano e unha motocicleta.
Segundo informaron fontes da Garda Urbana, no sinistro, ocorrido ás 9:55 horas desta mañá, quedou ferida a condutora da moto, cunha fractura na perna, e 23 pasaxeiros dos autobuses implicados.
O accidente ocorreu, por causas que se están investigando, na confluencia entre a praza España e a avenida Paral·lel de Barcelona, cando unha motocicleta chocou cun autobús de liña urbana e, como consecuencia da freada, este recibiu o impacto dun segundo vehículo da rede de transporte metropolitano.