CRTVG

Buscar

Sube a 66 o número de mortos en México ao estoupar unha toma clandestina de combustible

Publicado o 19/01/2019 18:24

O número de mortos subiu de 21 mortos dos que se falaba cando se produciu o sinistro a 66 persoas e pode incrementarse, xa que moitos feridos sufren graves queimaduras e podería haber máis cadáveres calcinados. 

O accidente produciuse ao estoupar gasolina procedente dunha toma clandestina no estado mexicano de Hidalgo. Estes roubos eran frecuentes e provocaron a decisión do goberno mexicano de facer o abastecemento só con cisternas. 

Polo menos outras 73 persoas resultaron feridas de diversa consideración. Uns minutos antes, o exército retirárase para evitar un enfrontamento directo coa poboación civil, que trataba de recoller o combustible derramado polo chan. 

 

Noticias web

19/01/2019