Unha vintena de gasolineiras a baixo custo abrirán en Galicia a curto prazo
Publicado o 22/04/2019 16:55
Hai varias empresas con proxectos listos para abrir en Vigo, Tui, O Porriño, Burela, Cambre. Ata preto de vinte estacións de servizo automáticas como esta de Carballo están en proxecto ou listas para comezar as obras. Despois de moitos e longos trámites, van saír adiante estes novos puntos de repostaxe que prometen unha baixada nos prezos dos carburantes non só nos seus propios surtidores, senón tamén nos da competencia. O sector está tan saturado e os prezos son tan elevados que segundo os responsables deste tipo de estacións low cost prevén que a súa irrupción provoque obrigatoriamente unha baixada xeral de prezos para manter a clientela.