CRTVG

Buscar

Vinte chefs galegos levan o sabor dos nosos produtos ao Porto

Publicado o 29/09/2019 21:35

Este outono, unha vintena de chefs galegos levarán o sabor da nosa terra ao Porto. Alí, 8 estrelas Michelin, entre outros, traballarán nun restaurante efémero durante un mes. Quixemos saber máis do hotel que acollerá este evento. Trátase dun antigo almacén de viño do Porto ao carón do Douro.

Poucos hoteis hai no Porto con tanta sorte. A só uns metros do Douro, dentro dunhas semanas os nosos maiores chefs levarán o mello de Galicia á cidade.

"Este é un hotel moi céntrico, na zona histórica do Porto. Xunto ao río, que é un lugar moi bonito, estamos preto de todo".

Tanto quixemos coñecer que entramos directamente ata o comedor deste Hotel Carris Ribeira do Porto, un edificio que antigamente foi un almacén para os comerciantes do río Douro. Hoxe é un dos poucos hoteis 4 estrelas que están a carón da Ponte de Luis I. Unha contorna privilexiada para os que a partir de outubro queiran probar as propostas que cociñeiros como Lucia Freitas, Yayo Daporta ou Miguel Ángel Campos preparan xa en Galicia para traer ata Portugal.

"Telos aquí é unha honra e un privilexio. Para que compartan os seus coñecementos e nós intentar compartir os nosos".

A Asociación Gastronómica Grupo 9 quere promover a gastronomía do noso país con esta iniciatica e faino por todo o alto. 22 chefs serán os embaixadores da creatividade galega ante os fogón. Entre eles hai 8 Estrelas Michelín e 20 soles Repsol.


 

Noticias web

29/09/2019