CRTVG

Buscar

Unha viguesa con párkinson loita dende Nova York por visibilizar a enfermidade

Publicado o 10/04/2021 22:40

Sabela Avión naceu en Vigo hai 42 anos, desde hai cinco convive cun diagnóstico de párkison.
"A miña vida cambiou de sopetón, empecei a pensar Negra Sombra, iso é o párkinson que está aí sempre, que temos que deixalo que nos nvada un pouquiño pero tamén temos que saber empurrarlo da nosa vida "

E así empurrando dunha doenza neurodexenerativa crónica e sen cura.....continúa coa sua vida traballando en Nova York como tradutora para as Nacións Unidas.
"O máis difícil neste tempo, no principio foi falar coa xente próxima, cos meus pais, e despois cando te dás conta de que a cousa avanza e que tes que ir facendo cambios na medicación, que te das conta que hai cousas que antes podías facer que agora son máis dificiles como organizar unha viaxe".

Compaxina a activade laboral coa súa loita por visibilizar unha enfermidade que afecta a máis de dez millóns de persoas no mundo pero que aínda, di, é invisible para moitos.

"O párkinson non é só unha enfermidade de persoas maiores, que moitas mulleres están afectadas e non están tan investigadas". "Este ano creei a páxina web para recadar fondos" "E xurdiu o da poxa silenciosa cunha serie de premios polos que a xente pode ir puxando"

Unha recadación de fondos á que, co gallo do día internacional da doenza, convida os galegos a sumarse. "O importante é sempre manter a esperanza e non deixar de financiar a investigación".











 

Noticias web

10/04/2021