CRTVG

Buscar

Unha viguesa busca traballo e vivenda para non perder a custodia dos fillos

Publicado o 15/04/2021 14:51

Verónica, uruguaia de nacemento, leva en Vigo desde o 2002. Ten dous fillos, de 8 e 14 anos. Traballaba nun hotel, pero a raíz da pandemia quedou na rúa, sen paro e sen poder facer fronte ao pago do alugueiro do piso en que viven.

Por impago, en novembro chegoulle unha orde de desafiuzamento que vence o 9 de maio. Acudiu aos servizos sociais, onde lle ofreceron a axuda ao alugueiro, pero para acceder a ela debe atopar outro piso, e sen contrato ninguén lle aluga unha vivenda. Nesa busca desesperada hai un mes atopou un, a través dun coñecido, e resultou ser unha estafa. Vendeu ata os mobles para poder pagar a fianza e quedou sen nada.

Verónica lanza unha chamada desesperada. Necesita un traballo que lle permita alugar unha vivenda, porque se non a atopa pode perder a custodia dos seus fillos.

 

 

Noticias web

15/04/2021