CRTVG

Buscar

Unha veciña de 93 anos logra apagar a caldeiros o incendio na súa vivenda de Monforte

Publicado o 16/08/2021 14:13

Foi na hora do xantar cando un forte estrondo puxo en alerta a dona desta vivenda."Eu encendín o forno coma sempre pasa asar carne e unha empanada, despois baixei e empecei a ouir uns estallidos como se foran petardos"

Xunto ao forno iniciárase un incendio que se comezou a propagar rapidamente polos diferentes enseres próximos e a muller que ten 93 anos púxose ela mesma a apagar o lume con caldeiros de auga."Subin e vin unhas lapasa moi grandes. Collín o caldeiro e veña a botar auga, e valeu moito porque case o apaguei con eso. Ardeu unha cociña eléctrica, unha bombona, unha mesa".

Foi unha veciña a que alertou aos bombeiros e é que a dona da casa, armada de valor centrouse en apagar o lume e mesmo se esqueceu que tiña un avisador para dar a voz de alarma."Nin me acordou porque a min non me pasaba nada para chamar pensaba eu. Esto chama a emerxencia pero eu atendín a apagar e nada máis".

Cando chegaron os bombeiros acabaron de apagar e enfríar a zona e todo quedou nun susto e nunha azaña para esta muller de 93 anos.

Noticias web

16/08/2021