CRTVG

Buscar

Unha veciña da Estrada falece ao esnafrar o seu coche contra un camión en Pontevea

Publicado o 07/04/2019 12:09
Unha veciña da Estrada falece ao esnafrar o seu coche contra un camión en Pontevea

Ás sete da mañá deste domingo tivo lugar un percance cunha vítima mortal en Pontevea, no concello coruñés de Teo. Unha muller de 30 anos, veciña da Estrada, bateu contra un camión por causas que se descoñecen no quilómetro 11,700 da estrada AC-841. A condutora quedou atrapada no turismo e tiveron que acudir os servizos de urxencia da Estrada para liberar a vítima.

Noticias web

07/04/2019