CRTVG

Buscar

Unha vaca de Paradela pariu catro becerros

Publicado o 30/04/2021 20:59

A natureza ofrece de cando en vez casos abraiantes. como o destes xatos de raza rubia. Son catro crías que naceron todas do mesmo parto e que, polo de agora, están en perfecto estado de saúde. O seu dono é un gandeiro do concello lugués de Paradela que non sospeitaba que a vaca traía esta sorpresa. Que nazan dous exemplares xa é algo moi pouco habitual pero que veñan catro é algo realmente extraordinario. A nai dos catro xatos tamén se atopa ben a pesar do esforzo que tivo que facer para botar as crías.