CRTVG

Buscar

Unha tripla de Adroher permite que o Liceo gañe o primeiro título da temporada

Publicado o 12/09/2021 21:48

• O Liceo acumula 44 títulos no inicio da temporada do seu 50 aniversario

O Deportivo Liceo proclamouse campión da Supercopa, o primeiro título da temporada. 

A primeira metade terminou con igualdade no marcador. Marcou primeiro o Barça, no minuto dez. Todo un golazo de Hélder Nunes en xogada individual. O Liceo aproveitou a acumulación de faltas do seu rival para lograr o empate a bóla parada a falta de cinco minutos para o tempo de lecer. Jordi Adroher, coa súa mestría habitual, superaba a Aitor Egurrola. Todo quedaba aberto para o segundo tempo. Aos sete minutos do reinicio, Pau Bargalló, arrancando desde a propia pista, facía outro gran tanto para volver adiantar un Barça mellor logo do paso polos vestiarios. O Liceo reaccionou ben e atopou o gol do empate a falta de oito minutos para o final. E outra vez da man do mago Adroher, con outra falta directa. Entraba así o encontro na recta final, cos dous equipos a unha falta de gozar doutra directa. E o Liceo foi máis efectivo. Adroher completou o seu hat trick a falta de tres minutos. Tres de tres en faltas directas. Demoledor Jordi Adroher, e o primeiro título da temporada que vén ás poboadas vitrinas do Deportivo Liceo.

Noticias web

12/09/2021