Unha trintena de venezolanos maniféstanse en Celanova a prol de Guaidó
Publicado o 02/05/2019 17:38
Os venezolanos que viven en Galicia seguen con atención e preocupación as noticias que chegan de Venezuela e agardan entusiasmados que a operación Liberdade consiga instaurar a paz e a democracia, din, no país caribeño.
Unha trintena de venezolanos residentes na provincia de Ourense concentrábanse este mediodía en Celanova en apoio de Juan Guaidó e a operación Liberdade.
Preocupación, pero tamén entusiasmo, ante o que ven como un posible cambio. Javier Fernández acaba de chegar a Celanova coa súa esposa e os seus fillos para comezar unha nova vida aquí, di.
Agardan en Galicia, moi pendentes das novidades, que se instaure, din, a paz e a democracia en Venezuela.