CRTVG

Buscar

Unha trintena de concentracións contra o crime de violencia machista da Pastoriza

Publicado o 27/01/2020 21:02

Esta tarde organizáronse máis dunha trintena de concentracións en repulsa por este crime machista. Actos de protesta que tiveron lugar nas principais cidades galegas e tamén no resto de España. Á mañá, o presidente da Xunta gardou un minuto de silencio durante a súa visita a Cabana de Bergantiños.

Tamén se concentraron os deputados do Parlamento galego para condenar este asasinato. E os empregados da Xunta, encabezados polo vicepresidente e os conselleiros do Goberno galego, pararon este mediodía en sinal de respecto por Manuela Iglesias.

Noticias web

27/01/2020