CRTVG

Buscar

Unha treboada de pedrazo dana campos de oliveiras de Xaén

Publicado o 18/06/2021 08:27

As treboadas ocasionaron danos importante en zonas de cultivo de oliva de Xaén. O pedrazo que caeu en Alcaudete, no suroeste da provincia, e en Villanueva del Arzobispo, no nordés, tiraron moita oliva e estragaron plantacións. En Alcaudete, en pouco máis dun cuarto de hora, caeron máis de quince litros de auga en forma de sarabia, con pedra do tamaño de bólas.

Noticias web

18/06/2021