CRTVG

Buscar

Unha toma de posesión ao aire libre: protagonismo do virus e do frío

Publicado o 07/09/2020 15:06

Para empezar, cambio de escenario para o cambio do Goberno. O virus obrigou a sacar o acto do pazo de Raxoi para celebralo en San Caetano, no exterior, dándolle ao frío un protagonismo nada habitual en cerimonias coma esta.

Baixo o vento de mañanciña de setembro os conselleiros comprobaban que lugar lles correspondía ocupar.
Despois, todos xuraron, con algunha excepción, nun acto que non se pareceu a ningún dos anteriores.

Noticias web

07/09/2020