Unha testemuña do atentado nas Ramblas relata como sufriu o atropelo da furgoneta e as secuelas que lle deixou
Ante o tribunal que xulga tres presuntos terroristas, unha vítima do atentado das Ramblas relata entre bágoas como sufriu o atropelo da furgoneta, que lle causou feridas polas que estivo seis meses de baixa, e lle deixou secuelas psicolóxicas.
Carmen saía do seu traballo nun hotel das Ramblas aquel 17 de agosto xusto cando a furgoneta conducida por Younes Abouyaaqoub irrompía no paseo.
Atendérona nunha tenda antes de ser trasladada ao hospital, con feridas nun pé e nunha man. Estivo máis de seis meses de baixa e sen poder saír de casa polo trauma.
Non volveu pisar as Ramblas tras o atentado, e explicou que volver lembralo hoxe ante a Audiencia Nacional a obrigou a retomar a medicación para superar unhas secuelas polas que solicita unha indemnización.