Unha tenda de informática de Ourense consegue gañar unha batalla contra o xigante Amazon
Daniel, o dono desta tenda de informática en Ourense, rebelouse contra a maior de plataforma de venda en liña, que o acusou de vender un produto falsificado. Despois de dous anos e medio, grazas a un despacho de avogados de Granada, conseguiu que lle devolveran os cartos que el gañara pola venda dos seus produtos, uns 26.000 euros.
No 2018 Daniel Comezou a vender os seus artigos de informática no xigante das plataformas de venda online. Tiña uns 30.000 euros en vendas e, de súpeto, acúsanos de vender un produto falsificado.
Co silencio como resposta, aí comezou unha batalla persoal. Sen que ningún avogado se atravese a iniciar unha causa xudicial, xa daba por perdidos os cartos. De casualidade, atopou un despacho en Granada especializado no caso e un burofax avisando dunha denuncia por apropiación indebida foi a solución.
E así descubriu que a súa empresa que non era a única coa que a plataforma tiña débedas.
Esta vez Daniel enfrontouse a Goliat e gañou.