Unha suba de tensión estraga os electrodomésticos dos veciños dunha rúa de Sarria
Un sustazo de marca maior. Así definen os veciños deste inmoble de Sarria a situación que viviron onte á tarde.
Veciña: "Houbo unha subida de tensión, derramáronseme moitos electrodomésticos, a ver se poñen solución a isto"
"Derramouse unha tele, unha persiana, todo ulindo a chamusco, foi grande a cousa".
O portal e as escaleiras seguen sen luz. Os veciños permítennos entrar nas súas casas. Lavalouzas, oredandores ou caldeiras xa non funcionan. Igual que os televisores.
"Isto rebentara da subida da tensión".
"A persiana tamén se estragou".
"E mira a caldeira... tamén ardeu".
Este edificio, situado a carón de Gran Vía, foi un dos máis afectados. O baixo tampouco se librou.
"Eu teño aquí para escoitar a radio e non funciona".
Outros edificios da zona tamén están afectados.
"Cheguei á casa e caeran os limitadores".
Agora os veciños van denunciar na Garda Civil para que, quen corresponda, se faga cargo da desfeita. Eles atribúen o problema a unhas obras que están facendo na zona.