CRTVG

Buscar

Unha suba de tensión estraga numerosos aparellos eléctricos na Pobra de San Xiao, en Láncara

Publicado o 21/09/2021 14:06

Un golpe de luz estragou numerosos aparellos eléctricos en boa parte da Pobra de San Xiao. Ademais de electrodomésticos, nun dos edificios avariáronse a caldeira e o ascensor, coas conseguintes molestias para os veciños, algúns con mobilidade reducida. A suba de tensión tamén provocou danos, e importantes perdas, nos negocios da vila. Derramáronse impresoras, routers, monitores ou neveiras, e nalgún dos casos nin sequera chegaron a abrir as súas portas.

Iván Fernández, dependente dun comercio: "Queimoulle o motor á reixa e non houbo forma de abrila ata que onte a viñeron arranxar. E tivemos que estar toda a mañá metendo a xente nun local lindeiro que temos aí para despachala aquí".

O malestar é patente entre as decenas de afectados polas avarías, máis aínda cando este tipo de incidencias se veñen repetindo cada poucos meses e implican cuantiosas perdas.

Nahir Castro, comerciante: "No prazo dun ano é a segunda suba de tensión. Á parte, todas as semanas hai algún corte grande. A luz vai e vén. É un problema habitual aquí".

Ante a gravidade dos estragos, dende o Concello de Láncara habilitaron un servizo para atender as reclamacións de negocios e de particulares.

Noticias web

21/09/2021