CRTVG

Buscar

Unha senteza complica o cobro pola perda das maletas nos aeroportos

Publicado o 09/07/2020 19:42
Unha senteza complica o cobro pola perda das maletas nos aeroportos

Complícase o cobro dunha indemnización por perda de equipaxe. Unha sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea di que as aeroliñas non teñen por que pagar o importe máximo por extravío de maletas, fixado nuns 1.400 euros. Agora, será un xuíz quen diga o que lle corresponde cobrar ao afectado, e este deberá demostrar con documentos, facturas ou tíckets de compra, o contido real da maleta perdida.

Noticias web

09/07/2020