CRTVG

Buscar

Unha sentenza recoñece o dereito a manter o título de familia numerosa cun fillo maior de 25 anos

Publicado o 13/04/2019 16:00

O Tribunal Superior de Xustiza de Castela e León recoñeceu a unha familia de Salamanca o dereito de renovar o título de familia numerosa aínda que un dos tres fillos do matrimonio cumpriu os 25 anos.
O Tribunal ten en conta na sentenza o principio de non discriminación entre irmáns e fai fincapé na dimensión constitucional da protección de familias e fillos, ante a escasa natalidade e o problema demográfico. Esta decisión anula as resolucións que denegaron aos solicitantes a renovación do título de familia numerosa en 2014, cando a filla maior cumpriu 25 anos, a mediana 23 e a pequena, 16. Este pronunciamento segue a mesma liña xurisprudencial inaugurada polo Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía, avalada polo Tribunal Supremo nunha recente sentenza de marzo.

Noticias web

13/04/2019