Unha semana sen Yago
Publicado o 22/07/2019 08:30
Vai alá máis dunha semana sen saber de Yago de la Puente, o mozo coruñés ao que se lle perdeu a pista no Festival de Ortigueira.
Amigos e familiares organizaron una batida nos arredores da zona de acampada e dos concertos do festival. Non hai rastro del. A útima vez que o viron foi o domingo pasado.
Yago ten 28 anos, mide 1,89 e ten varias tatuaxes nas pernas e nos brazos. A familia pide a colaboración cidadá.