CRTVG

Buscar

Unha saída de vía en Nogueira de Ramuín deixa unha vítima mortal que ía sen cinto

Publicado o 09/02/2021 18:45

Unha saída de vía dunha furgoneta en Nogueira de Ramuín (Ourense) deixa unha vítima mortal. O falecido era o conductor do vehículo e único ocupante, un varón de 39 anos que, ademais, ía sen o cinto de seguridade.

O sinistro produciuse cara as 18 horas na estrada Ponte dos Gozos-Parada de Sil. A furgoneta saíu da vía e acabou envorcando, provocando a morte do seu único ocupante.