CRTVG

Buscar

Intentan estafar unha residencia de Teo coa venda de vacinas contra a covid-19

Publicado o 18/01/2021 14:49

O segundo lote das vacinas xa está na nosa comunidade e con el parece que chegan tamén os intentos de estafa, como o que sufriu esta residencia de Cacheiras á que tentaron enganar para venderlle un lote de vacinas por un importe de 2.400 euros.

Dende a dirección da residencia xurdiu a desconfianza e rapidamente puxeron os feitos en coñecemento da Garda Civil, que os informou que estes actos se están a suceder cada vez de forma máis habitual, tanto en residencias como a particulares.

A segunda fase da vacinación xa está en marcha dende onte, pero é importante lembrar que é un proceso gratuíto e xestionado polo Sergas, así que todo o que estea á marxe do noso sistema de saúde non é de fiar. 

Noticias web

18/01/2021