CRTVG

Buscar

Unha repunta na área de Vigo volve situar a Galicia por enriba dos 3.000 casos activos

Publicado o 12/05/2021 10:00

• Das 209 PCR positivas, 97 eran de persoas da área de Vigo

• A situación nas UCI é a mellor das últimas tres semanas

Unha repunta na área de Vigo volve situar a Galicia por enriba dos 3.000 casos activos

Galicia experimenta unha repunta de positivos detectados, que se traduce nun incremento importante dos casos activos respecto a onte. Hai 3.052 persoas diagnosticadas de covid-19, 75 máis ca onte, tras 223 novos positivos detectados (son un cento máis ca onte), dos cales 209 foron a través dunha PCR.

Por áreas sanitarias, a de Vigo é a grande afectada por esta repunta, seguida moi de lonxe pola de Ferrol. A repartición de casos quedaría así:

A Coruña: 702 (+12)

Vigo: 888 (+63)

Ourense: 231 (-15)

Santiago: 430 (+8)

Lugo: 216 (-10)

Pontevedra: 484 (+3)

Ferrol: 101 (+14)

Menos persoas na UCI

No que respecta aos hospitais, hai 191 persoas ingresadas (+1): 151 en planta (+4) e 40 nas UCI (-3). Son os mellores datos relativos a coidados intensivos das últimas tres semanas.

O Sergas nitificou onte un falecemento por mor da covid-19, o que rompe cunha serie de tres días consecutivas sen ter que lamentar decesos de persoas con coronavirus. Así, a cifra de vítimas sobe ata as 2.395 persoas.

A positividade aumenta

Das 7.790 probas PCR realizadas (-397), 209 deron positivo (son 106 máis respecto a onte), o que revela unha taxa de positividade algo máis elevada que a tendencia dos últimos días (por debaixo do limiar do 2 %): 2,68 %.

Mapas de incidencia concellos

Noticias web

12/05/2021