CRTVG

Buscar

Unha rapaza de 15 anos de Becerreá publica un vídeo en defensa do rural

Publicado o 18/05/2020 14:06

Con estas verbas comeza o vídeo que Ainhoa Fernández, unha moza de Becerreá de 15 anos, colgou nas redes sociais e agora se está a facer viral. Cando se decretou o estado de alarma e comezou o confinamente, ela propúxose, amosando fotos do seu día a día e dos seus, mostrar que hai lugares especiais, como Armesto, a súa parroquia, facendo así unha defensa do rural.

Ainhoa e Andrea fan xuntas unha homenaxe a Galicia e unha alegación a prol do rural. Denuncian o asoballamento que en ocasións hai cara a el e reivindican tamén o papel da muller. 

Agora que todos poñen máis en valor o rural, os que o coceñen ben, como Ainhoa, amósano orgullosos, séntense privilexiados e animan a vivir nel.

Noticias web

18/05/2020