CRTVG

Buscar

Unha quenlla dun metro déixase ver na praia de Rodas, nas Cíes

Publicado o 20/07/2021 14:56

Os visitantes das illas Cíes puideron gozar nas últimas horas dunha marabilla máis. Unha quenlla ou tiburón azul achegouse ata a praia de Rodas. Mide un metro e trinta centímetros, algo máis do que é habital ver nas nosas costas, onde normalmente chegan crías de entre 50 e 70 centímetros.

"É lóxico que en Rodas sexan un pouquiño máis grandes, porque son máis pequenas canto máis pegadas á costa. os que entran na ría miden entre 50 e 70 centímetros, os que están na boca da ría mide sobre un metro e os que están no océano son máis grandes. Podemos estar tranquilos que as nais non veñen coas crías. O que fan é buscar alimento, peixe miúdo, para gañar peso, medrar e volver ao océano", explica Alfredo López, biólogo da CEMMA.

As quenllas súmanse aos avistamentos dos últimos días de candorcas e golfiños. Os expertos lembran que debemos respectar o espazo destes animais. "Non achegarse, podemos velos, son moi bonitos, pero mellor non achegarse. Non andar entre eles porque teñen a boca chea de dentes e poden morder se os collemos coa man", recomeda López. Nos últimos 5 ou 6 anos aumentaron os avistamentos destas especies en Galicia.

 

Noticias web

20/07/2021