CRTVG

Buscar

Unha praga de moscas invade desde o venres o centro de Cerceda

Publicado o 23/09/2021 14:32

Case unha semana levan sufrindo a praga de moscas os veciños do centro de Cerceda. Amoréanse nas cristaleiras, nos teitos, no chan, e sobreboan os espazos interiores onde a convivencia con elas é practicamente imposible.

"Péganse nos cristais, entran para dentro, os clientes un pouco agobiados, nos como camareiros tamén porque temos que ter moito coidado cos produtos", di Begoña Santiago, a camareira dunha cafetería.

Aseguran os veciños que o peor é pola tarde a partor do mediodía.

"A cantidade é desmesurada", di a farmacéutica Susana Lamas.

Combatelas non é doado, xa que nos locais non poden empregar produtos químicos e nos supermercados os insecticidas e as tiras esgotáronse en horas. A única explicación que lle atopan está no cambio de estación e na calor. Agardan un cambio de tempo que acabe coa praga e con todos os inconvenientes que supón.

Noticias web

23/09/2021