CRTVG

Buscar

Unha plataforma dixital ofrece 10 piscinas para alugar por horas en Galicia

Publicado o 11/07/2021 19:08

Jonathan, Carolina e Iago gozan da piscina en grupo coma se fose súa. Sen xente allea e sen apuros. Co seu círculo máis próximo. Cada un deles pagou 20 euros por gozar do terreo, da piscina e do mobiliario de xardín e a barbacoa.

É un plan perfecto de domingo que ata agora só podíamos facer se tiñamos un amigo con piscina. A pandemia e as novas tecnoloxías fixeron posible que Jesús del Campo gañe uns cartos extras e que calquera que así o desexe poida empregar a piscina.

Esta e outras piscinas de Galicia pódense alugar en swimmy, Jesús tamén aluga a vivenda con estas vistas de Vigo a través doutra plataforma.

Noticias web

11/07/2021