Unha persoa queda ferida grave nun accidente de tráfico en Guitiriz
Publicado o 30/11/2020 14:40
Dúas persoas quedaron feridas, unha delas de gravidade, nun accidente de tráfico acontecido esta mañá en Guitiriz. Foi unha colisión entre dous vehículos na parroquia de Labrada. Un dos feridos, que presentaba lesións graves, foi trasladado en helicoptero medicalizado ao hospital Lucus Agusti.
Os bombeiros de Vilalba tiveron que intervir para excarcerar este home de entre a ferraxe do vehículo. O ocupante do outro coche implicado no sinistro vial puido sair do vehículo polos seus propios medios e recibiu asistencia médica no mesmo lugar do accidente.