O atropelo mortal dunha persoa por un tren en Teo causa atrasos no Eixo Atlántico
Publicado o 01/10/2019 20:09

Unha persoa morreu atropelada polo tren na estación de Osebe, en Teo. Os pasaxeiros do tren, que saíra da Coruña pasadas as tres da tarde, sentiron un golpe moi forte, que mesmo provocou a rotura dunha ventá. A Policía Local e a Garda Civil non lles permitiron baixar ata que chegou o xuíz e ordenou o levantamento do cadáver. O tren chegou a Vigo con dúas horas de atraso.
En principio descartan que a caída se producise por accidente ou que alguén o empurrara.