CRTVG

Buscar

Unha peregrina denuncia que a secuestraron, violaron e abandonaron espida

Publicado o 04/02/2018 21:35

 

Unha peregrina de 50 anos denunciou esta madrugada que a secuestraron, violaron e abandonaron espida preto do centro urbano do Val do Dubra mentras realizaba o Camiño de Santiago.

A muller quería facer a ruta ao revés, saír de Fisterra e dirixirse a Santiago, onde se reuniría coa súa familia. Botou a andar durante tres horas. Entre o quilómetro 15 e 20 da saída, foi abordada por dous homes que viaxaban nun coche. 

Golpeárona e amenazárona, metérona no asiento traseiro do vehículo, segundo relatou á Garda Civil. Un quitoulle a roupa mentres o outro conducía ata preto de Portomouro. Despois de violala, deixárona abandonada e completamente espida, a pesar do frío.

Conseguíu chegar ata unha casa, donde unha muller a axudou. Tras avisar a Garda Civil, foi atendida por estrés postraumático. Precisou tranquilizantes, polo que o relato non foi moi claro. A medida que se foi calmando, lembrou detalles importantes para os investigadores, necesarios para determinar o lugar exacto donde a secuestraron e agrediron. 

A Garda Civil busca o coche no que viaxaban os dous agresores. Centraranse de maneira prioritaria en identificar e localizar o vehículo, xa que é fundamental para o esclarecemento dos feitos.

Noticias web

04/02/2018