CRTVG

Buscar

Unha pelexa por cartos, posible xerme do tiroteo a unha casa en Vilanova

Publicado o 29/03/2021 21:27

Un veciño de Vilanova de Arousa gravou a violenta escena este domingo. Dous homes pelexando no paseo marítimo por unha suposta débeda. Óese claramente como un deles lle di ao outro "dáme os cartos".

Pouco despois desta pelexa, a Garda civil recibe unha chamada dende a rúa Corón. Unha persoa dispara dende o seu coche contra unha vivenda. Os donos alertan a policía. Cando chegan os axentes atopan comproban que hai furados de proxectís e restos de balas na rúa. O coche dende o que fixeron os disparos está identificado.

Polo de agora non transcendeu se os dous sucesos están relacionados ou se non teñen que ver un co outro. A única boa noticia é que neste tiroteo non houbo feridos.

Noticias web

29/03/2021