CRTVG

Buscar

Unha peixería de Sada vende o produto por Whatsapp

Publicado o 02/02/2021 20:32

Primeiro plano do peixe e marisco que cada mañá chega ao posto de Tania no mercado de Sada. Unha gravación que desde hai uns anos envía á súa clientela para que poida ver o produto estea onde estea e desde o móbil.

E ao pouco de enviar, comeza a soar o teléfono. O teléfono ou o whatsap. As encargas recíbense por orde de chegada e segundo existencias. Poden recollerse en tenda ou lévanchas á casa.

A listaxe de clientes é xa de máis de 200 persoas. Insiste Tania, contentísima cos resultados do método, en que non se trata dun grupo de whatsapp

Relación privada entre cliente e peixería que funciona e que, loxicamente, nestes tempos de pandemia experimentou un crecemento grande.
 

Noticias web

02/02/2021