CRTVG

Buscar

Unha parella do Rosal convive con once flamengos e 200 aves

Publicado o 22/06/2021 14:30

Unha parella do Rosal vive con once flamengos e duascentas aves que crían na súa parcela. Colaboran cun plan de conservación e teñen verdadeira paixón por estes animais.

Cada unha destas aves recibe os coidados que precisa e a alimentación axeitada a cada un. Un traballo do que diariamente se encargan Rosa e José Carlos propietarios das máis de 200 aves coas que viven na súa casa do Rosal.

A paixón por estes animais veulle a José Carlos desde neno. O que comezou como unha afición xa forma parte dun proxecto de cría e conservación para evitar a extinción dalgunhas especies. 

Conviven cunha gran variedade de especies , algunhas apenas existen exemplares en España como as avutardas de cori, outras como os flamengos é case imposible velas en Galicia. 

365 días ao ano de traballo e dedicación que ven compensados coa súa labor de axudar a manter determinadas especies.

Noticias web

22/06/2021