CRTVG

Buscar

Unha ovella pare cinco años en Gondomar

Publicado o 28/04/2021 14:23

É a nova familia numerosa de Vilaza, en Gondomar. Como non vai haber lío, unha ovella pariu cinco crías, algo moi inusual neste tipo de animais.

A pesar de que perdeu unha da crías despois de nacer, demostrou ser unha nai forte. Será polos agarimos que recibe dos seus propietarios. Agora non saca a vista dos seus años e só está pendente de defendelos e alimentalos.

Na parroquia todos queren coñecer estes años, parecen sacados dun conto. Acabados de nacer sorpende velos tan fortes e áxiles, totalmente íntegrados nun rabaño que, por certo, en poucos días volverá crecer.