CRTVG

Buscar

O PP de Vigo pídelle ao Concello modificar a ordenanza para poder poñer de noite electrodomésticos a pesar do ruído

Publicado o 08/06/2021 16:56

Se coa nova tarifa eléctrica xa é difícil aforrar, en Vigo pagar menos pola luz complícase. Está vixente unha ordenanza municipal que contempla sancións importantes por contaminación acústica.

Unha ordenanza municipal que foi aprobada no ano 2000 e que contempla sancións importantes por contaminación acústica que aparecen aínda pesetas. O grupo municipal do Partido Popular de Vigo di que a normativa está obsoleta e pide que se actualice nun momento en que a nova tarifa eléctrica permite aforrar se por exemplo poñemos a lavadora durante a noite. 

A resposta non se fixo esperar e o Goberno local di que non van modificar a ordenanza. O alcalde insiste na prohibición de facer ruído pola noite.

O Partido Popular di que a normativa aprobada no ano 2000 está obsoleta, tanto que as sancións aparecen en pesetas. Piden que se actualice en base á nova tarificación eléctrica que permite aforrar en horario nocturno.

Na rúa atopamos variedade de opinións entre o ruído e poñer a lavadora para aforrar ou o silencio. A maioría bota man do sentido común para resolver o conflito.

Fagan contas para calcular en euros, porque as sancións que recolle a ordenanza van desde as 100.000 ás 250.000 pesetas.

Noticias web

08/06/2021