CRTVG

Buscar

Un obxecto luminoso cruzou o ceo galego esta madrugada

Publicado o 17/02/2021 15:47

José Manuel avistou estas luces en Santiago de Compostela a primeiras horas da mañá cando aínda non amencera, pero non foi o único.

Este estraño obxecto ou corpo celeste viuse en diferentes puntos de Galicia contra as sete da mañá. Durante uns minutos aqueles que o visionaron quedaron impresionados por esta cadea que iluminou o ceo nocturno. 

As especulacións sobre o que se escondía detrás desas luces foron moitas pero todo ten unha explicación. 

As familias de satélites estanse poñendo en órbita constantemente. Esta en concreto foi lanzada este luns, polo que aínda se poderán seguir vendo estas cadeas luminosas nos próximos días. 

Noticias web

17/02/2021