CRTVG

Buscar

Unha nova patrulleira, construída en Moaña, reforza o servizo de Vixilancia Aduaneira

Publicado o 15/04/2021 16:40

A secretaria de estado de Facenda amadriñou o novo patrulleiro do Servizo de Vixilancia Aduaneira construído nos estaleiros de Rodman-Poliships en Moaña.

Feito de poliéster reforzado con fibra de carbono, o Cóndor ten 43 metros de eslora e desenvolve unha velocidade máxima de 23 nós.

Dotado cos máis modernos aparatos tecnolóxicos de navegación e comunicacións, dobra en autonomía os actuais patrulleiros do Servizo Aduaneiro, o que lle permitirá perseguir os delitos de narcotráfico a moita distancia da costa.

"Cunha autonomía nominal de 2.000 millas naúticas, que, para que se poidan facer unha idea, viría a ser algo así como ir de Vigo ás Palmas e regresar sen facer escala nin ter necesidade de repostar", explica Ángel Delgado, director adxunto do Servizo de Vixilancia Aduaneira.

Unha das principais novidades do Cóndor son as dúas lanchas rápidas semiríxidas que carga na popa e que servirán para abordar embarcacións en alta mar.

Ademais dun potente canón de auga contraincedios, varias seccións da cuberta poden descender ata o nivel da auga para facilitar o rescate de naúfragos.

O buque terá unha tripulación fixa de 14 persoas e capacidade para acoller oito máis, e entrará en funcionamento de inmediato.

Noticias web

15/04/2021