Unha nova lei impulsará polígonos agrarios para mobilizar terras
A Xunta vai actuar de oficio para dar cos donos de terreos abandonados e así actualizar o catastro de propiedades en Galicia. Do que se trata é de facilitarlles terras que non se usan ou infrautilizadas a quen as queira traballar, sempre de xeito voluntario.
A lei tamén prevé a creación dun banco de explotacións para mediar entre propietarios de granxas que deixan a actividade cos que buscan futuro no agro e así garantir a remuda xeracional. Alberto Núñez Feijóo explica que haberá ademais incentivos fiscais para o investimento en empresas agrarias, a compra de vivendas en aldeas modelo ou o arrendamento de leiras rústicas.
O obxectivo da lei, di o presidente, é fixar poboación no rural, mellorar a súa calidade de vida e que as terras traballadas fagan de cortalumes.