Unha nova DANA provoca inundacións nas Baleares e Andalucía
Os equipos de emerxencias non paran, a última DANA que cruza as illas Baleares deixan as rúas e as vías inundadas pola chuvia torrencial. Na illa de Mallorca a zona do norte é a máis afectada, en localidades como Alcudia o Cala Rajada. Estradas practicamente intransitables. Había tamén auga en baixos e garaxes.
Menorca non se librou da forte chuvia. Arrasou o centro da illa. Nunha hora caeron máis de 80 litros por metro cadrado. Nas Baleares rexistráronse en total máis de 80 incidencias. Están este martes en toda a comunidade alerta laranxa por chuvias, tormentas e e fortes ventos.
Chuvia intensa e inundacións tamén en Andalucía. Dúas trombas de auga sementaron o caos na localidade cordobesa de Lucena. En poucos minutos recolléronse máis de 50 litros por metro cadrado. Tamén en pouco tempo rexistráronse medio cento de incidencias.
En Granada, a tromba de auga e pedrazo acabou por desbordar o arroio Milanos, no concello de Montefrío.
A Axencia Estatal de Meteoroloxía avisa de que as precipitacións se manterán este mércores nas Baleares e estenderanse a Valencia e provincias de Cataluña.