Unha noticia falsa di que hai casos de listeriose en Galicia e implica varias carnicerías
Esta é a mensaxe que se está a difundir masivamente polo WhatsApp por toda Galicia. Semella unha noticia real dun medio de comunicación, pero ao abrir o enlace é unha broma de moi mal gusto. É o que se coñece como fake news, é dicir, unha noticia falsa. E está a prexudicar a imaxe de varias carnicerías galegas.
Con sorpresa e preocupación recibiron a noticia os donos desta carnicería Nogueira da Rúa, de que no seu establecemento se detectara o primeiro caso de listeriose en Galicia. Eles desménteno.
Non é a única carnicería afectada e xa denunciaron este feito ante a Garda Civil que está a investigar o caso
Os seus clientes na Rúa din que están tranquilos e confían na carne que lles venden.
3 mortos, 7 abortos e máis de 200 persoas enfermas polo brote de listeriose detectada na carne que vendía unha empresa en Andalucía din que non é un tema para facer bromas.