CRTVG

Buscar

Unha nai e unha filla fan bolsos de tea á man e xa van pola terceira colección

Publicado o 30/05/2021 19:47

A medio camiño entre unha terapia e un negocio, Bolsos da Nai está conseguindo un oco na moda.
Detrás desta iniciativa están unha filla emprendedora e unha nai que manexa con soltura a máquina de coser.

Teñen o seu propio escaparate nas redes sociais e na páxina 'Bolsos da nai'. Innovan cada día, sempre optando por teas naturais e complementos de calidade que atopan nas tendas de proximidade.
Cosen na casa, en Ribadeo, e de aquí saen os nomes dos bolsos.

Son bolsos feitos á man, con agarimo e dedicación, que non se repiten e que venden por toda España.

Calor de fogar, amor de nai e bolsos especiais, unha mestura que xa dá os seus froitos como negocio.

Noticias web

30/05/2021