CRTVG

Buscar

Unha nai denuncia nas redes a venda dun traxe de baño con recheo para nenas de 5 anos

Publicado o 23/06/2021 14:42

Ana recibiu como agasallo este traxe de baño para a súa pequena de 7 anos. Todo parecía normal ata que se atopou con que a peza de roupa, dunha talle para nenos de entre 5 e 6 anos, levaba recheo na parte superior. Entre a sorpresa e a indignación, a nai decidiu compartir a fotografía nas redes sociais para denunciar publicamente a hipersexualización á que se ven sometidos, cada vez antes, os pequenos. 

Na rúa a opinión está clara e dende FACUA xa pediron a retirada do mercado e solicitan aos consumidores que eviten a compra deste tipo de produtos que fomentan o crecemento adiantado dos menores.

 

Noticias web

23/06/2021