CRTVG

Buscar

Unha muller relata as ameazas do seu home antes do accidente: "Hoxe imos morrer os dous"

Publicado o 05/11/2020 19:28

 Na Audiencia de Pontevedra comezou o xuízo contra un home que intentou matar a súa muller mentres a parella estaba en trámites de separación. Segundo a Fiscalía, en xuño de 2018, o acusado tentou esnafrar o coche en que viaxaba, canda a súa muller, pola autovía do Morrazo. No xuízo o acusado negou que o accidente fora provocado. Enfróntase a unha pena de 14 anos de prisión por dous delitos de intento de homicidio.

Noticias web

05/11/2020