CRTVG

Buscar

Investigan o incidente que deixou ferida unha muller ao carón da vía do tren en Barra de Miño

Publicado o 25/01/2021 13:14

A Garda Civil abriu unha investigación para esclarecer un accidente acontecido ás beiras da vía férrea Ourense-Monforte, á altura da localidade de Barra de Miño.

Un helicóptero achegouse ao lugar para trasladar unha muller de 46 anos con feridas de consideración, que finalmente acudiu en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Nun primeiro momento falouse dun posible atropelo do convoi á muller, pero a hipótese que colle máis forza é que o can co que paseaba se asustou ao pasar o tren, tirou dela e caeu por un barraco. O tren estivo parado unha hora.

Noticias web

25/01/2021