CRTVG

Buscar

Unha muller que caeu nun autobús en Vigo trata de localizar unha testemuña dos feitos

Publicado o 08/06/2021 13:37

Vai facer xa un ano da caída de Beatriz ao baixar dun autobús en Vigo. Foi o 31 de agosto e agora atópanse con que ninguén se fai cargo porque a policía no seu momento non fixo un atestado do sucedido. Na policía local só consta un informe do servizo dese día, pero non hai un atestado. Vitrasa non se fai cargo, e o seguro négase a pagar os danos. Mesmo terán que pagar 48 euros polo informe que tiveron que solicitar agora e a policía se comprometeu a facer.

As lesións son evidentes e o dano moral maior. A parella desconfía de que no atestado conste o teléfono da muller que se ofreceu a dar o seu testemuño no momento do sucedido, e por iso fan un chamado para localizala.

Dende a empresa responsable do transporte urbano en Vigo rexeitaron facer declaracións sobre este asunto.

Noticias web

08/06/2021