CRTVG

Buscar

Unha muller morta e 18 feridos no incendio dun piso en Barcelona

Publicado o 12/09/2021 13:55
Unha muller morta e 18 feridos no incendio dun piso en Barcelona

Un incendio no primeiro andar dun edificio de Olesa de Montserrat en Barcelona o sábado pola noite deixou unha vítima mortal e 18 persoas feridas de diferente consideración, tres delas graves.

Os Bombeirosd da Generalitat activaron 14 dotacións con oito camións de auga e varios vehículos . Cando chegaron ao lugar as lapas estendéranse pola fachada e as escaleiras. Varias persoas confináronse  nos seus domicilios en os balcóns atrapadas polo fume

Despois de controlar o incendio localizaron no primeiro andar o corpo dunha muller de 71 anos e as manobras de reanimación dos servizos sanitarios resultaron inútiles e certificaron a súa morte.

Lograron rescatar outras tres persoas atrapadas, dúas no terceiro andar e unha no cuarto. Houbo 11 intoxicados de carácter leve que recibiron a alata no momento.

 Os outros feridos graves e menos graves foron evacuados a diferentes hospitais da zona. Trece veciños tiveron que ser realoxados  porque non tiñan onde pasar a noite. Non hai danos estruturais pero os servizos de gas, aiga e electricidade quedaron afectados